Desenrolado por coroa.es
O Grumir carballiñés queda desde este 24 de novembro con tan só 3 efectivos e cun futuro incerto cara o ano que ven, condicionado pola posta en marcha do parque comarcal de bombeiros.
Na actualidade, o grupo municipal de emerxencias contaba con 12 traballadores, dos que 9 causarán baixa ao rematarlle o contrato laboral. Esta mesma situación xa se presentara o ano pasado, xa que os contratos realizanse por medio dunha convocatoria autonómica, que a súa vez utiliza fondos europeos para outorgar as axudas aos concellos e asi manter estes servizos de emerxencias. Sucede que as axudas convocanse a principios de ano, polo que durante algúns meses e ata que se resoven esas axudas, os GRUMIR permanecen co persoal baixo mínimos.
Ademáis, o mapa de emerxencias de Galicia, que a Xunta acordou coa FEGAMP, contemplaba a desaparición dos GRUMIR no ano 2013 naqueles concellos que contan con parques de bombeiros. Sería éste o caso do Carballiño, pendiente da posta en marcha do parque comarcal de bombeiros o ano que ven.
Sexa como sexa, de momento, o servizo de emerxencias do concello carballiñés verá reducida a súa operatividade, ao quedarse só con 3 efectivos, os que viñan exercendo como encargados dos 3 turnos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-servizo-de-emerxencias-queda-baixo-mínimos-ao-rematar-o-contrato-de-9-traballadores
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-servizo-de-emerxencias-queda-baixo-mínimos-ao-rematar-o-contrato-de-9-traballadores
[3] whatsapp://send?text=O Servizo de Emerxencias queda baixo mínimos ao rematar o contrato de 9 traballadores http://copecarballino.es/novas/o-servizo-de-emerxencias-queda-baixo-mínimos-ao-rematar-o-contrato-de-9-traballadores
[4] http://www.copecarballino.es/print/43179