Desenrolado por coroa.es
O proxecto tiña prevista a construcción de 25 vivendas de promoción pública destinadas ás familias que residen na Fontela, no concello de Maside.
Non obstante, aínda que o poboado asentase en territorio do municipio masidao, os socialistas fan fincapé "na imaxe negativa que da nosa vila, polo que os gobernos socialistas de Maside e O Carballiño acordaran elaborar un programa social que trasladara este poboado e evitara novas concentracións de infravivendas".
Desde a Agrupación Local Socialista do Carballiño lamentase que " unha vez máis a falta de xestión o alcalde do Carballiño non foi capaz de influir na administracción autonómica para que non se paralizara este proxecto que fora iniciado no anterior goberno bipartito da Xunta de Galicia, á falta de sensibilidade da Xunta de Galicia engadese a desidia dun alcalde que nunca amosou interese para levar a cabo a finalización dun proxecto no que se levaba anos traballando", remarcan.
Dende o BNG amosan "a preocupación e malestar" e recordan que foi un plan impulsado polo BNG cando tiña responsabilidades de goberno na Xunta de Galicia.
Engaden que "con esta triste nova e unha vez máis, ponse de manifesto o pouco interese que a Xunta de Galicia ten polos problemas dos carballiñeses e ademáis tamén podemos apreciar o pouco peso que o Sr. Alcalde Argimiro Marnotes ten na Xunta de Galicia, que a pesares de ser un proxecto situado no Concello de Maside, todos sabemos que este poblado atópase ubicado nunha das entradas principais a vila do Carballiño".
Finalmente, instan desde o Bloque Nacionalista Galego ao alcalde do Carballiño "a que faga todo o posible para revertir este novo atropello os intereses do Carballiño".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/bng-e-psoe-ven-indignante-paralización-do-proxecto-de-erradicación-do-chabolismo-na-fontela
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/bng-e-psoe-ven-indignante-paralización-do-proxecto-de-erradicación-do-chabolismo-na-fontela
[3] whatsapp://send?text=BNG e PSOE ven
[4] http://www.copecarballino.es/print/43200