Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O Partido Popular culpa ao alcalde de Maside do retraso na tramitación do PXOM

15, Febreiro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os populares abandonaron o pleno extraordinario da corporación masidá "porque non podemos votar o que non coñecemos".

O Partido Popular solicitara a convocatoria para "aclarar os verdadeiros motivos" que levaron ao redactor do PXOM a presentar a súa renuncia. Tamén quería a oposición saber dos traballos realizados polo técnico redactor durante os últimos anos e ata o momento de presentar a renuncia. Nin unha cousa nin a outra, no primeiro punto do pleno "renuncia do adxudicatario" volveuse dar conta -xa se fixera no anterior pleno ordinario- da renuncia do redactor e aceptouse a mesma por parte da corporación.

No segundo punto da orden do dia "convocar concurso para continuar a redacción do PXOM sobre o traballo realizado polo adxudicatario dimisionario", o alcalde alegou non dispoñer desa información, asegurando que unha vez aceptada formalmente a renuncia do redactor sería xa o momento de demandar esa documentación. O portavoz popular Juan Alvarez manifestou a súa extrañeza pola situación "cómo podemos emitir unha opinión favorable ou desfavorable, expliquenos como podemos opinar e votar si non nos entregaron o expediente nin documentación algunha", suliñou. Solicitou que o asunto quedase sobre a mesa ata que non poidesen contar coa documentación, petición que non foi atendida polo Alcalde Celso Fernández. Neste momento, os populares abandonaron o salón de plenos "ante esta tomadura de pelo". Os socialistas aprobaron cos seus votos iniciar o procedemento para continuar coa redacción do PXOM "sobre o traballo realizado polo anterior adxudicatario".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-partido-popular-culpa-ao-alcalde-de-maside-do-retraso-na-tramitaci%C3%B3n-do-pxom

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-culpa-ao-alcalde-de-maside-do-retraso-na-tramitación-do-pxom [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-culpa-ao-alcalde-de-maside-do-retraso-na-tramitación-do-pxom [3] whatsapp://send?text=O Partido Popular culpa ao alcalde de Maside do retraso na tramitación do PXOM http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-culpa-ao-alcalde-de-maside-do-retraso-na-tramitación-do-pxom [4] http://www.copecarballino.es/print/43240