Desenrolado por coroa.es
O 3 operadores son Vodafone, Movistar e o galego R Cable. O procedemento de adxudicación púxose en marcha tras a apertura dos primeiros sobres, nos que se presentaban a documentación administrativa e as propostas de cada empresa concursante. Agora ábrese un prazo de dez días para que os técnicos municipais valoren cada unha das propostas, antes de proceder á adxudicación do servizo.
Mediante esta licitación a unha única compañía de toda a telefonía fixa, móbil e datos, os responsables municipais esperan "aforrar ata un 50% no gasto relacionado coa telefonía, tanto exterior coma interna". A duración deste contrato será de dous anos, contados a partir da formalización do mesmo, prorrogable por mutuo acordo das dúas partes, por outro dous anos máis, ata un prazo máximo de catro anos.
O adxudicatario deberá realizar a portabilidade dos números telefónicos dos que dispón actualmente o concello do Carballiño, e considerar as esixencias propias de servizos de emerxencias como o da Policía Local
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/tres-empresas-optan-adxudicacion-do-servizo-de-telefonia-no-concello-carballines
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/tres-empresas-optan-adxudicacion-do-servizo-de-telefonia-no-concello-carballines
[3] whatsapp://send?text=Tres empresas optan á adxudicación do servizo de telefonía no concello carballiñés http://copecarballino.es/novas/tres-empresas-optan-adxudicacion-do-servizo-de-telefonia-no-concello-carballines
[4] http://www.copecarballino.es/print/43242