Desenrolado por coroa.es
As bibliotecas do IES nº n1 e IES Chamoso Lamas, asi como a Biblioteca Municipal e a ANPA A Uceira do CEIP Calvo Sotelo colaboran coa concellería de cultura nas actividades programadas.
O mércores dia 24 "Bibliotecas na rúa" achegará os libros ata a Praza Maior do Carballiño. Dende as 18 ás 21 horas, haberá teatro e contacontos, asi como un recital de textos literarios a cargo de estudiantes dos centros de ensinanza carballiñeses acompañados da actuación dun grupo "Ars Antiquia", que presentará un concerto de música medieval e barroca. Stands con libros e un mercado de troco completará esta actividade.
A programación ao completo da SEMANA do LIBRO organizada pola Biblioteca Municipal do Carballiño en horario de tarde é a seguinte.
Luns 22: É un libro ....electrónico. Explicación sinxela para os nenos/as da evolución do libro ata o e-reader.
Martes 23: Día do libro. Obradoiro "Un libro,unha flor" (confección flor con papel do xornal,cartolinas ...) Os nenos/as levarán un libro de agasallo
Mércores 24: Biblioteca naRúa :Contacontosna rúa e agasallos de libros , camisetas,marcapáxinas, xunto coas Bibliotecas escolares da vila.
Xoves 25: Contacontos Morgama e Arturna Biblioteca e obradoiro títeres co material de reciclaxe .
Venres 26: Contacontos Morgama e ArturnaBiblio e obradoiros.
Sábado 27: Representación teatral infantil no Auditorio do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballiño-celebra-o-dia-mundial-do-libro-con-actividades-durante-toda-semana
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballiño-celebra-o-dia-mundial-do-libro-con-actividades-durante-toda-semana
[3] whatsapp://send?text=O Carballiño celebra o dia mundial do libro con actividades durante toda a semana http://copecarballino.es/novas/o-carballiño-celebra-o-dia-mundial-do-libro-con-actividades-durante-toda-semana
[4] http://www.copecarballino.es/print/43289