Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Os socialistas esixen a reapertura do matadoiro municipal

3, Maio 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O servizo, que xestionaba en rexime de concesión unha sociedade, permanece sen actividade dende que fai sete meses debido as moitas deficiencias nas instalacións.

O grupo municipal do PSOE culpa da situación "a ineficacia do alcalde señor Marnotes, que se comprometeu a solucionar de inmediato unha serie de deficiencias técnicas e administrativas e a dia de hoxe segue tendo a instalación paralizada e aos seus 8 empregados engrosando as listas do paro, xa que unha vez máis o rexedor non cumpliu a súa palabra, dada tanto ós profesionais do sector das carnicerías como a empregados", manifestan.

Inciden os socialistas nos perxuizos que a situación provoca no sector "xa que os carniceiros vense abocados a levar as pezas a outros matadoiros, co conseguinte sobrecusto, o que nestes meses leva suposto para moitos deles a perda de miles de euros, algo inadmisible sobre todo nos tempos económicos nos que andamos"

Tras manifestar que "é de supor que a resposta a esta demanda por parte de Marnotes xirará en torno a xestión do goberno anterior, algo atopará para botarlle a outros a culpa da súa falta de capacidade de xestión para solucionar os problemas", os socialistas esixen "a posta inmediata en funcionamento do matadoiro municipal e a aposta decidida e clara polo mantemento dos postos de traballo e dos servizos públicos".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/os-socialistas-esixen-reapertura-do-matadoiro-municipal

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-esixen-reapertura-do-matadoiro-municipal [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-esixen-reapertura-do-matadoiro-municipal [3] whatsapp://send?text=Os socialistas esixen a reapertura do matadoiro municipal http://copecarballino.es/novas/os-socialistas-esixen-reapertura-do-matadoiro-municipal [4] http://www.copecarballino.es/print/43299