Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Fumega critica "a opacidade do goberno municipal do Carballiño"

6, Maio 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Portavoz dos socialistas considera que "falta democracia e transparencia " e anuncia que acudirán ao Fiscal e o Valedor do Pobo para "denunciar actitudes antidemocráticas ".

O episodio que motivou estas manifestacións do portavoz socialista foi "a actitude do alcalde que pretende que os nosos concelleiros revisasen a documentación relativa a unha ducia de expedientes en hora e media, cando sabe que eso é imposible porque tan só o libro de rexistro necesitaría moitas horas".

Fumega explicou que "o que queremos aclarar vendo todos os expedientes solicitados son as contratacións de traballo feitas no concello e os contratos de distintas concesións, como o de servizo de axuda a domicilio, do que temos moitas queixas de veciños pola súa deficiente xestión".

Outra documentación requerida polos socialistas foi a relativa ao convenio entre concello e Aquagest "despois de todo o que se dixo por parte do alcalde, queremos que se nos aclaren algúns aspéctos como a xestión da EDAR do Carrás". O concelleiro socialista asegurou que "tras ver o expediente constatamos que Aquagest debe ao concello 120.000 euros".

"Non entendo esta falta de transparencia que por sistema exerce o Partido Popular e estas trabas que nos poñen para exercer o noso traballo de oposición, non entendo este medo á participación, cando o alcalde no seu dia aínda na oposición pudo participar na contratación da obra da piscina ou na ORA", manifestou Paco Fumega.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/fumega-critica-opacidade-do-goberno-municipal-do-carballi%C3%B1o

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-critica-opacidade-do-goberno-municipal-do-carballiño [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-critica-opacidade-do-goberno-municipal-do-carballiño [3] whatsapp://send?text=Fumega critica [4] http://www.copecarballino.es/print/43302