Desenrolado por coroa.es
A Federación Galega de Fútbol Sala deu a cifra de 1.500 espectadores asistentes, o que representa unha das entradas de público históricas no pazo de deportes carballiñés. A selección Galega senior gañou na gran final a de Extramadura por 5-3, remontando un partido que perdian os galegos ao descanso por 2-3.
A selección galega adestrada polo carballliñés Antonio Colmenero revalida asi o título de campión que xa acadara o ano pasado en Valladolid, e volve conseguir agora no Carballiño. Tamén o combinado galego femenino senior gañou o título, ao impoñerse con contundencia á Castela León por 9-0. Finalmente, na categoria xuvenil masculina os extremeños levaronse o título ao impoñerse a Galicia por un apretado marcador final de 7-6.
A organización agasallou con 300 camisetas conmemorativas aos asistentes a esta gran festa do fútbol sala vivida este fin de semana nos polideportivos de Cea e O Carballiño. Ao rematar os actos de entrega de trofeos, o alcalde do Carballiño posou cos campións galegos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/abarrote-de-pubico-no-paco-chao-para-ver-victoria-de-galicia-ante-extremadura-no-campionato
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/abarrote-de-pubico-no-paco-chao-para-ver-victoria-de-galicia-ante-extremadura-no-campionato
[3] whatsapp://send?text=Abarrote de púbico no Paco Chao para ver a victoria de Galicia ante Extremadura no campionato autonómico de Fútbol Sala http://copecarballino.es/novas/abarrote-de-pubico-no-paco-chao-para-ver-victoria-de-galicia-ante-extremadura-no-campionato
[4] http://www.copecarballino.es/print/43311
[5] http://www.copecarballino.es/image/selecci%C3%B3n-de-galicia-tras-ga%C3%B1ar-o-campionato-ante-extremadura-co-trofeo-na-man-do-alcalde-do-c