Desenrolado por coroa.es
Os nacionalistas non comparten o anuncio do goberno municipal de convocar un concurso para a concesión do servizo e piden que a xestión do matadoiro sexa pública.
A concelleira Áurea Francisco trasaladará ao pleno da corporación unha moción na que solicita a inmediata reapertura do matadoiro e "que sexa un servizo público, é dicir, que sexa xestionado directamente por persoal do concello do Carballiño, para evitar deste xeito gastos a intermediarios e que as taxas ós seus usuarios sexan o máis baixos posibles", recolle a moción.
O Bloque Nacionalista Galego do Carballliño recorda ademáis como "dende fai alomenos 20 anos o matadoiro viña sendo xestionado por unha sociedade de 23 carniceiros da comarca e que definitivamente o devandito concenio entre concello e esta sociedade caducou, polo que é o momento de que a xestión sexa totalmente pública".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-pide-que-o-matadoiro-sexa-xestionado-directamente-por-personal-do-concello
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-bng-pide-que-o-matadoiro-sexa-xestionado-directamente-por-personal-do-concello
[3] whatsapp://send?text=O BNG pide que o matadoiro sexa xestionado directamente por personal do concello http://copecarballino.es/novas/o-bng-pide-que-o-matadoiro-sexa-xestionado-directamente-por-personal-do-concello
[4] http://www.copecarballino.es/print/43313