Desenrolado por coroa.es
Representates de "Anova" da comarca do Carballiño criticaron que "os brigadistas sexan utilizados para limpar cunetas ou campos de festa e incluso en traballos de xardineiría".
Asi o asegurou a voceira desta formación política, María Xesús Canitrot, que ademáis puxo de manifesto que " o persoal contratado tampouco ten preparación para desenvolver a actividade encomendada, e non contan cos medios técnicos que serían precisos". Tamén fixo fincapé na precariedade laboral na que se atopan os brigadistas "que en moitos casos teñen contratos de catro horas e obirgannos a facer xornadas de oito ou máis horas ó dia".
A voceira da formación nacionalista tamén criticou o procedemento seguido para a selección dos brigadistas "xa que se contratou a xente con finalidade electoralista, en base aos posibles votos que poidan conseguir".
Anova lamenta que non se faga un plan forestal integral de prevención e loita contra o lume "e todo sexan remendos, como proba delo é que en pleno mes de agosto aínda haxa concellos que non contan con brigadas ".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/denuncian-deficiencias-e-precariedade-laboral-nas-brigadas-municipais-de-incendios-forestais
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/denuncian-deficiencias-e-precariedade-laboral-nas-brigadas-municipais-de-incendios-forestais
[3] whatsapp://send?text=Denuncian deficiencias e precariedade laboral nas brigadas municipais de incendios forestais http://copecarballino.es/novas/denuncian-deficiencias-e-precariedade-laboral-nas-brigadas-municipais-de-incendios-forestais
[4] http://www.copecarballino.es/print/43378