Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Leiro celebra a XXIV Festa da Vendima

23, Agosto 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

( Redacción. Estefanía Bernárdez ) A radio de verán de COPE O Carballiño achegouse ata Leiro para comprobar o ambiente festivo precedente á gran Festa da Vendima.

 Falamos co alcalde desta localidade, Francisco José Fernández Pérez, quen resaltaba que a Festa da Vendima, que se celebra este domingo 25 de agosto, é unha homenaxe aos viticultores, a quen traballan o viño. “A Festa da Vendima naceu en torno a principios de setembro, pero optamos por facela no último domingo de agosto para que máis xente poida desfrutar da festa”.

 Este ano cumprirase a XXIV edición e o rexedor municipal mostraba o seu optimismo, “esperamos que sexa un éxito coma os anos anteriores e que sexa o pistoletazo ou o punto final dunha temporada, e tamén que sirva para poner a Leiro no mapa”.

 A programación da festa repasábamola con Ramón Álvarez, tenente alcalde de Leiro e coordinador da festa. Ás 10:00 terá lugar o concurso de acios, con premios de 90€ para o gañador, 60€ para o segundo e 30€ para o terceiro, tanto en branco como en tinto. Ás 12:00 será o pregón, a cargo de José Manuel Barreiro.

 Xa as 12:30 chega a actividade estrela: o desfile de carrozas e charangas. O recorrido será dende a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira. Os premios mantéñense e en categoría adulta o gañador levará 1000€, o segundo 750€ e o terceiro 500€. Haberá premio tamén por participar, 300€, agás para os que sexan descalificados.

 En categoría infantil os premios serán de 400€, 300€ e 200€ para os primeiros, e 50€ por participar. Este ano esperan poder superar as 20 carrozas do ano anterior.

Tamén haberá concurso de decoración de balcóns e de establecementos, cun premio de 100€. A entrega de premios será ás 16:30.

 Ás 14:00 será a visita ao XI Mercado Artesanal, este ano no salgueiral. O Xantar Popular, organizado polo Concello, comezará ás 14:30, para o cal aínda quedan tarxetas a venda por 22€.

 A Festa da Vendima tamén contará con actividades infantís a partir das 17:00 e ata unha festa da espuma. Ás 17:30 o C.F.Leiro fará a súa presentación nun partido contra o C.D.Arenteiro.

 E xa para rematar o día de festividade terá lugar o concerto das corais da Vendima, ás 20:30 na igrexa de San Pedro de Leiro.

 O alcalde, Francisco Fernández, tamén repasou outros temas de actualidade referentes á Leiro. Un deles foi a construcción do spa do viño, único en Galicia, no mosteiro de San Clodio, “o proxecto está xa practicamente redactado “esperamos que a finais ou principios do ano se saque a concurso”.

Respecto ao novo Balneario de Berán  o alcalde avanzou que  "hai dúas empresas interesadas e esperamos que ese interese faga posible a apertura dunha vez por todas ”. Outra instalación da que se senten moi orgullosos pola súa consecución é o Centro de Día de Leiro, que se contruirá na propia capitalidade municipal..

 

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/leiro-celebra-xxiv-festa-da-vendima

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/leiro-celebra-xxiv-festa-da-vendima [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/leiro-celebra-xxiv-festa-da-vendima [3] whatsapp://send?text=Leiro celebra a XXIV Festa da Vendima http://copecarballino.es/novas/leiro-celebra-xxiv-festa-da-vendima [4] http://www.copecarballino.es/print/43388