Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta mellora infraestructuras en Pazos de Arenteiro

5, Setembro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Boborás, Cipriano José Caamaño Castro, asinaron un convenio de colaboración para acondicionar e mellorar o camiño de acceso ao cemiterio da parroquia de Pazos de Arenteiro. O importe deste convenio, aportado ao 100% pola Xunta de Galicia, elévase a 51.512 euros.

Trátase dun conxunto histórico-artístico declarado ben de interese cultural, polo que debe acondicionarse o contorno no que se ubica, ao tempo que as obras deben producir o mínimo impacto posible.

As actuacións consistirán na mellora do trazado e no ensanche da vía en dous tramos diferenciados. No treito I (os 15 metros do camiño máis achegados ao núcleo de Pazos de Arenteiro) executarase un novo trazado para eliminar unha gran curva e diminuír a pendente. Será necesario trasladar e reconstruír noutra ubicación uns muros de contención existentes no paso do novo trazado.

No segundo treito II (nos restantes 85 metros do camiño teñen un ancho de entre 2,1 e 2,5 metros (salvo nos últimos 15 metros, que o ancho é de 6,5 metros por rematar en explanada de entrada ao cemiterio), procederase ao ensanche da vía, onde o pavimento do camiño realizarase en formigón, procederase ao soterramento de conducións e entúbarase unha canalización de auga aberta que discorre por un lateral.

Tamén se fará a instalación necesaria para alimentar nun futuro a un punto de luz no cemiterio e, por último, executarase uns muros de contención de pedra ao redor do cemiterio.

En relación coas obrigas, o departamento que dirixe Agustín Hernández encargarase de contratar, executar, dirixir, controlar e recibir as obras; mentres que a Administración local deberá redactar o documento técnico de definición da obra, obter os permisos, licencias e autorizacións, poñer a disposición da Xunta os terreos libres de cargas e asumir a explotación e conservación das obras.

O conselleiro manifestoulle ao alcalde de Boborás que non se trata dunha obra cun orzamento elevado, pero puxo en valor a importancia desta actuación xa que responde ao obxectivo de recuperar os espazos de encontro para mellorar as posibilidades de lecer dos cidadáns e contribuír ao reequilibrio territorial fixando poboación no media rural.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/xunta-mellora-infraestructuras-en-pazos-de-arenteiro

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-mellora-infraestructuras-en-pazos-de-arenteiro [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-mellora-infraestructuras-en-pazos-de-arenteiro [3] whatsapp://send?text=A Xunta mellora infraestructuras en Pazos de Arenteiro http://copecarballino.es/novas/xunta-mellora-infraestructuras-en-pazos-de-arenteiro [4] http://www.copecarballino.es/print/43397