Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O concello de Boborás asume o copago farmacéutico hospitalario para a veciñanza do municipio

25, Outubro 2013 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A medida foi aprobada polo pleno da corporación municipal a instancias do grupo de goberno do Partido Popular, a oposición abstívose.

Concretamente, establécese unha aportación dun 10% do prezo do medicamento, cun límite máximo de 4,20 euros. Desta maneira, o concello de Boborás comprométese a este pagamento de copago dos medicamentos que se administran nas farmacias dos hospitais mediante orde de dispensación hospitalaria, e que afecten aos veciños do municipio  que se atopen en dificultades económicas.

Trátase, na súa maioria, de tratamentos que afectan a persoas con patoloxías crónicas e graves, que reciben medicamentos que esixen unha particular supervisión e control, e que so dispensan os servizos de farmacia dos hospitais.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-concello-de-bobor%C3%A1s-asume-o-copago-farmac%C3%A9utico-hospitalario-para-veci%C3%B1anza-do-municipio

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boborás-asume-o-copago-farmacéutico-hospitalario-para-veciñanza-do-municipio [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-de-boborás-asume-o-copago-farmacéutico-hospitalario-para-veciñanza-do-municipio [3] whatsapp://send?text=O concello de Boborás asume o copago farmacéutico hospitalario para a veciñanza do municipio http://copecarballino.es/novas/o-concello-de-boborás-asume-o-copago-farmacéutico-hospitalario-para-veciñanza-do-municipio [4] http://www.copecarballino.es/print/43431