Desenrolado por coroa.es
Optaba á reelección como presidente local do Partido Popular e acadou o 100% de apoio dos compromisarios que depositaron os seus votos.
O congreso local dos populares celebrouse no local social da Canda, na localidade de Cotelas. Durante a súa intervención, José Luis González lembrou o intenso traballo que conlevou a reestructuración do PP en Piñor “para volver a rexurdir o Partido Popular de Piñor e crear ilusión entre os máis novos, e confianza entre os máis lonxevos. Os resultados deste traballo foron reflexándose nos apoios acadados ó longo das diversas convocatorias de eleccións”.
O reelixido presidente local dos populares manifestou tamén que “quero presidir e formar parte dun partido grande, entendido como a máxima expresión da palabra; dun partido unido, dun partido para todos, no que a mocidade aporte novas ideas e os máis veteranos a experiencia de moitos anos traballando por o noso pobo, Piñor”.
Por último, José Luis González sinalou que “dende mañá mesmo poñerémonos a traballar para solucionar os problemas dos nosos veciños, para facerlles ver a nefasta xestión que está facendo o PSOE no noso Concello e para que depositen en nós a confianza necesaria para que o Partido Popular gañe as eleccións municipais de maio de 2015, e Piñor e os seus veciños; teñan o que se merece: unha xestión municipal eficiente para todos. Ese é o noso obxectivo, polo que insisto: co esforzo e o traballo de todos o éxito está asegurado”, algo no que tamén abundou o vicesecretario do PPdeG, Agustín Hernández, que tomou a palabra para agradecer "o intenso traballo levado a cabo no Partido Popular de Ourense, e que se ve refrendado en todas e cada unha das citas electorais".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/josé-luis-gonzález-fixa-como-obxetivo-gañar-alcaldia-de-piñor-en-2015
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/josé-luis-gonzález-fixa-como-obxetivo-gañar-alcaldia-de-piñor-en-2015
[3] whatsapp://send?text=José Luis González fixa como obxetivo gañar a alcaldia de Piñor en 2015 http://copecarballino.es/novas/josé-luis-gonzález-fixa-como-obxetivo-gañar-alcaldia-de-piñor-en-2015
[4] http://www.copecarballino.es/print/43446