Desenrolado por coroa.es
O Carballiño contará, dende o próximo mes de outubro, con dúas novas pistas de pádel, que se están a construír nas inmediacións do pavillón Paco Chao.
Foron moitos os veciños e colectivos que demandaron este tipo de instalacións deportivas, polo que o concello decidiu solicitar unha subvención para construílas.
Nas pasadas semanas recibiron o visto e prace para esta subvención, que vén da Xunta de Galicia a través dos fondos europeos de desenvolvemento rexional, achegando esta o 75% do custo da obra, sendo a achega do concello de 12.500 euros.
As obras comezaron esta mesma semana, e estarán rematadas na primeira semana de outubro, e dende ese momento xa poderán ser utilizadas pola veciñanza do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-polideportivo-paco-chao-mellora-prestacións-con-dúas-novas-pistas-de-pádel
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-polideportivo-paco-chao-mellora-prestacións-con-dúas-novas-pistas-de-pádel
[3] whatsapp://send?text=O polideportivo Paco Chao mellora prestacións con dúas novas pistas de pádel http://copecarballino.es/novas/o-polideportivo-paco-chao-mellora-prestacións-con-dúas-novas-pistas-de-pádel
[4] http://www.copecarballino.es/print/43640