Desenrolado por coroa.es
Ambos xa superaron a barreira dos 100 anos. Carmen González Filgueira, nacida en Agro de Quinta en 1914 cumpliunos hoxe, e o seu marido Manuel González Crespo, nacido en 1912 en Bouzas de Garabás, xa cumplíu os 102 anos de vida.
A festa de cumpleanos celebrouse na Casa de Maiores de Dacón, onde residen na actualidade, gozando de moi boa saúde para a súa avanzada idade. Probablemente, forman un dos matrimonios máis lonxevos de toda España, entre os dous, suman 202 anos.
Carmen e Manuel contaron no programa "A mañá de Cope O Carballiño" como se coñeceron nunhas festas da Saleta de Cea e cómo se desenvoleu a súa vida, sempre traballando no campo como agricultores, tamén como tiveron tres fillos -un deles falecido aos 13 meses- e un neto. O segredo para tantos anos de vida en común "levarse ben e perdonarse nos fallos".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cumpleanos-en-dacon-carmen-e-manuel-unha-parella-de-202-anos-de-idade
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cumpleanos-en-dacon-carmen-e-manuel-unha-parella-de-202-anos-de-idade
[3] whatsapp://send?text=Cumpleanos en Dacón: Carmen e Manuel, unha parella de 202 anos de idade http://copecarballino.es/novas/cumpleanos-en-dacon-carmen-e-manuel-unha-parella-de-202-anos-de-idade
[4] http://www.copecarballino.es/print/43707