Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O PSdG critica a felicitación de nadal en castelán, e o concello procede a súa retirada

7, Decembro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O PSdeG critica que a mensaxe de felicitación das festas do Nadal visible na fachada do Concello do Carballiño estea escrita só en castelán e non en galego, "xa que isto fai un fraco favor á nosa lingua nun momento no que as estatísticas apuntan a un descenso do uso do galego na poboación".

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), a porcentaxe de nenos que nunca falan galego en Galicia incrementouse en 18 puntos nos últimos cinco anos, aumentando tamén o número de adultos que só falan en castelán, xa que hai un 26% de persoas que viven totalmente de costas ao galego fronte ao 20% de 2008.

"É unha obriga por tanto que as institucións públicas fomenten o uso do galego empregando esta lingua nas súas comunicacións, e máis se é e en algo tan visible como a mensaxe luminosa do Nadal na fachada do Concello", manifestan dende o grupo municipal socialista.

Finalmente, esixen "ao goberno de Marnotes que amose sensibilidade coa lingua galega, e á responsable de Política Lingüística que traballe para a súa promoción, algo que non están a facer, xa que nin a propia concelleira usa normalmente o galego, nin as notas de prensa do Concello se escriben en galego".

Tamén A Mesa Pola Normalización Lingüística remitíu aos medios un comunicado crítico por este feito, aínda que posteriormente afirman que "de sabios é rectificar" ao confirmarse que o luminoso da polémica foi retirado do balcón da casa do concello.

 

 

 

 

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-psdg-critica-felicitaci%C3%B3n-de-nadal-en-castel%C3%A1n-e-o-concello-procede-s%C3%BAa-retirada

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psdg-critica-felicitación-de-nadal-en-castelán-e-o-concello-procede-súa-retirada [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psdg-critica-felicitación-de-nadal-en-castelán-e-o-concello-procede-súa-retirada [3] whatsapp://send?text=O PSdG critica a felicitación de nadal en castelán, e o concello procede a súa retirada http://copecarballino.es/novas/o-psdg-critica-felicitación-de-nadal-en-castelán-e-o-concello-procede-súa-retirada [4] http://www.copecarballino.es/print/43709