Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Unha Plataforma Cidadán reinvidica a xestión pública e integral da Residencia de Maiores

10, Decembro 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Asi se acordou no transcurso dunha reunión celebrada no Casino do Carballiño que fora convocada pola CIG. A Plataforma nace, fundamentalmente, co obxetivo de reivindicar a xestión pública da Residencia de Maiores do Carballiño, e ao máximo da súa capacidade, prevista para 118 prazas.

A Xunta mantén, a dia de hoxe, pendiente a resolución da licitación da xestión deste servizo asistencial, que contempla a creación de 20 prazas para persoas dependentes durante o ano 2015, unha oferta sensiblemente inferior á capacidade das instalacións.

Nesta reunión tamén se acordou a solicitude dunha entrevista coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asi como a convocatoria dunha nova reunión aberta a toda a cidadanía e o movemento social carballiñés, que terá lugar o vindeiro dia 18 de Decembro ás 8 da tarde na Casa da Cultura.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/unha-plataforma-cidad%C3%A1n-reinvidica-xesti%C3%B3n-p%C3%BAblica-e-integral-da-residencia-de-maiores

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-plataforma-cidadán-reinvidica-xestión-pública-e-integral-da-residencia-de-maiores [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-plataforma-cidadán-reinvidica-xestión-pública-e-integral-da-residencia-de-maiores [3] whatsapp://send?text=Unha Plataforma Cidadán reinvidica a xestión pública e integral da Residencia de Maiores http://copecarballino.es/novas/unha-plataforma-cidadán-reinvidica-xestión-pública-e-integral-da-residencia-de-maiores [4] http://www.copecarballino.es/print/43710