Desenrolado por coroa.es
O acordo adoptouse por unanimidade do pleno corporativo, partindo dunha moción do PSdeG e unha enmenda transaccional promovida polo Partido Popular.
O concello carballiñiñés instará a Renfe e Adif a non supresión do Tren-Hotel dos sábados, o único servizo ferroviario de viaxeiros entre a estación do Carballiño e Madrid.
Tamén se vai instar á Xunta de Galicia para que poña en funcionamento un "tren de cercanias operativo" entre as estacións do Carballiño e Ourense, e que -ademáis- aposte decididamente pola creación dunha estación intermodal para O Carballño, que debería ubicarse na propia estación de ferrocarril.
Finalmente, o concello do Carballiño vai presentar alegacións ao expediente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras en relación a regularización da concesión administrativa da empresa Mombus para transporte de viaxeiros por estrada. A corporación municipal acordou demandar da empresa que poña en marcha servizos por autovia entre O Carballiño e Ourense, con intervalos de hora e media, desde as 7 ás 20,30 horas, asi como desde Ourense a O Carballiño, entre as 7,30 ás 21,30 horas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-insta-renfe-adif-e-xunta-manter-e-mellorar-os-servizos-de-transporte-de-viaxeiros
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/corporacion-insta-renfe-adif-e-xunta-manter-e-mellorar-os-servizos-de-transporte-de-viaxeiros
[3] whatsapp://send?text=A Corporación insta a Renfe, Adif e Xunta a manter e mellorar os servizos de transporte de viaxeiros en tren e autobús http://copecarballino.es/novas/corporacion-insta-renfe-adif-e-xunta-manter-e-mellorar-os-servizos-de-transporte-de-viaxeiros
[4] http://www.copecarballino.es/print/43762