Desenrolado por coroa.es
O acto formaba parte da programación de activiades organizada pola área municipal de igualdade con motivo do "Dia Internacional das Mulleres".
O salón de plenos da casa do concello carballiñés reunía con este motivo a unha representación das participantes nos cursos que viñeron organizandose nos útlimos meses, como o curso Rede Emprende en Igualdade, o curso de autodefensa par mulleres, ou o de "cociña, comparte, iguálate", éste último para homes.
Tamén recibiron os seus premios os gañadores do IV Concurso Fotográfico 2015 "Unha mirada de xénero: con E de Emprendedoras".
O acto contou coa asistencia da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e da intervención do alcalde Argimiro Marnotes e a concelleira de Igualdade e Benestar Purificación Alberte, que salientaron "o irrenunciable compromiso do goberno municipal a favor da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes".
A presidenta local da Asociación Española de Loita Contra o Cancro, Julia Corral, recibíu o donativo de 775 euros que entregaron os participantes na andaina "O Carballiño camiña pola igualdade" celebrada o pasado dia 15 de Marzo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-reivindica-unha-sociedade-máis-igualitaria-entre-homes-e-mulleres
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-reivindica-unha-sociedade-máis-igualitaria-entre-homes-e-mulleres
[3] whatsapp://send?text=O concello reivindica unha sociedade máis igualitaria entre homes e mulleres http://copecarballino.es/novas/o-concello-reivindica-unha-sociedade-máis-igualitaria-entre-homes-e-mulleres
[4] http://www.copecarballino.es/print/43805