Desenrolado por coroa.es
O vindeiro sábado día 2 de maio vai celebrarse en Melide a primeira edición galega dos debates escolares "Modelo Parlamento Europeo, MEP", organizada por Agorae, a asociación galega para a promoción da oratoria en Europa, de recente creación. Nela participará o IES Chamoso Lamas, cun equipo que estará capitaneado polos profesores Clara Vázquez e Miguel Pereira, e integrado polo alumnado: Yeray Diéguez Barreiro, Danarys Michel Constantine, Lucía España Fariñas e Ana Fernández Justo.
A actividade, celébrase por primeira vez en Galicia como resultado da colaboración entre a devandita asociación e os organizadores e promotores da actividade a nivel nacional, a Fundación San Patricio. Conta co apoio da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e do Concello de Melide, de tal xeito que a comunidade autónoma participa neste certame cunha representación de 10 centros de ensino.
Os centros participantes na edición galega do MEP son:
A xornada comezará ás 10.30 horas. A partires dese momento, os representantes dos centros participantes distribuiranse en catro "Comisións" -emulando o sistema do Parlamento Europeo- nas que se tratarán os seguintes temas:
Logo do traballo por comisións, ás 16.00 horas dará comezo a Asamblea Xeral, na que todos os participantes -como se se tratara dunha sesión de Pleno no Parlamento Europeo- debatirán acerca dos catro temas expoñendo os seus argumentos e facendo propostas.
A pesar de ser a primeira vez que se realiza en Galicia, o Modelo Parlamento Europeo leva realizándose a nivel estatal dende hai 15 anos promovido pola Fundación San Patricio. MEP ten como obxectivo que os estudantes poñan en práctica as catro competencias lingüísticas seguindo o sistema de funcionamento do Parlamento Europeo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-equipo-do-ies-chamoso-lamas-participa-nun-debate-escolar-europeo-para-promoción-da-oratoria
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-equipo-do-ies-chamoso-lamas-participa-nun-debate-escolar-europeo-para-promoción-da-oratoria
[3] whatsapp://send?text=Un equipo do IES Chamoso Lamas participa nun debate escolar europeo para a promoción da oratoria http://copecarballino.es/novas/un-equipo-do-ies-chamoso-lamas-participa-nun-debate-escolar-europeo-para-promoción-da-oratoria
[4] http://www.copecarballino.es/print/43833