Desenrolado por coroa.es
O pleno de organización do novo mandato municipal no concello de Boborás aprobou as propostas do alcalde Cipriano Caamaño e do propio Partido Popular que outorgan as maiores responsabilidades do goberno municipal á concelleira Patricia Torres.
Ademáis de exerecer como portavoz do goberno municipal, a concelleira será a única con dedicación exclusiva, cunha retribución de 16.670 euros brutos anuais.
Patricia Torres tamén foi designada como tesoureira do concello de Boborás, e representante municipal en diversas entidades e órganos colexiados nos que está representado o concello de Boborás.
O pleno tamén aprobou, cos votos en contra da oposición, a periocidade das sesións ordinarias, quedando fixadas para o derradeiro xoves dos meses de Marzo, Xuño, Setembro e Decembro, en horario das oito e media da mañá.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/caamano-outorga-amplas-competencias-e-responsabilidades-concelleira-patricia-torres
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/caamano-outorga-amplas-competencias-e-responsabilidades-concelleira-patricia-torres
[3] whatsapp://send?text=Caamaño outorga amplas competencias e responsabilidades á concelleira Patricia Torres http://copecarballino.es/novas/caamano-outorga-amplas-competencias-e-responsabilidades-concelleira-patricia-torres
[4] http://www.copecarballino.es/print/43893