Desenrolado por coroa.es
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no concello de Boborás, parroquia de Moreiras.
O lume iniciouse ás 13:16 horas desta tarde e quedou controlado ás 18:59 horas. No seu control traballaron 4 axentes forestais, 11 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 40 hectáreas, na súa meirande parte arboradas.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-lume-arrasa-40-hectáreas-de-monte-na-parroquia-de-moreiras
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-lume-arrasa-40-hectáreas-de-monte-na-parroquia-de-moreiras
[3] whatsapp://send?text=O lume arrasa 40 hectáreas de monte na parroquia de Moreiras http://copecarballino.es/novas/o-lume-arrasa-40-hectáreas-de-monte-na-parroquia-de-moreiras
[4] http://www.copecarballino.es/print/43908