Desenrolado por coroa.es
O equipo dirixido por Jorge Regal realizou o seu derradeiro ensaio no campo da Uceira ante o Ourense CF. da División de Honra Xuvenil, ao que venceu por 2-0 con goles de Martín Pérez e Gele, antes do seu debút o domingo 23 ás 7 da tarde no campo do Cultural Areas, un dos galiños da categoria da Preferente Galicia para esta nova tempada.
Atrás vai quedando unha pretempada na que o técnico foi sacando conclusións e tratando de encaixar as pezas -incuidas as novas incorporacións- no esquema que pretende implementar nesta nova etapa.
Os verdes iniciarán en Ponteareas unha tempada na que parten co obxetivo de mellorar o feito o ano pasado, que siñificou a consolidación do equipo na Preferente, ademáis de facerse coa Copa Deputación, título que gañou por segunda vez na historia e 13 anos despois de facélo por primeira vez.
Para este primeiro partido de Liga son baixa Pana, lesionado e Lois, por motivos laborais. Viaxarán os 17 xogadores dispoñibles, polo que Regal terá que facer un descarte no propio campo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-apura-posta-punto-para-o-seu-debút-en-liga-no-campo-do-cultural-areas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-apura-posta-punto-para-o-seu-debút-en-liga-no-campo-do-cultural-areas
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro apura a posta a punto para o seu debút en liga no campo do Cultural Areas http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-apura-posta-punto-para-o-seu-debút-en-liga-no-campo-do-cultural-areas
[4] http://www.copecarballino.es/print/43933