Desenrolado por coroa.es
O alcalde do Carballiño advierte que a situación pode chegar a ser crítica no vindeiro mes de Setembro no caso de prolongarse a seca que está motivando o alarmante descenso do caudal do río Arenteiro, que rexistra mínimos históricos.
Fumega manifestou a súa preocupación por esta problemática "da que non pode responsabilizarse ao actúal grupo de goberno" e avanzou a convocatoria dunha Xunta de Portavoces para analizar a situación e posibles medidas a adoptar por parte do concello.
En relación ao episodio de mortandade piscícola detectada no tramo do río máis próximo a estación depuradora de residuais, Fumega dixo que "vendo o río como está e vendo o caudal que leva é fácil pensar que sae moita máis auga utilizada que auga limpa, ese é o problema fundamental, en todo caso é algo que se está investigando para determinar as causas concretas".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-recoñece-que-o-abastecemento-de-auga-terá-problemas-en-setembro-se-non-chove
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-recoñece-que-o-abastecemento-de-auga-terá-problemas-en-setembro-se-non-chove
[3] whatsapp://send?text=Fumega recoñece que o abastecemento de auga terá problemas en Setembro se non chove http://copecarballino.es/novas/fumega-recoñece-que-o-abastecemento-de-auga-terá-problemas-en-setembro-se-non-chove
[4] http://www.copecarballino.es/print/43937