Desenrolado por coroa.es
O Partido Popular considera un desatino a organización dunhas festas "que por vez primeira na súa historia reduciron o seus dias, mentres se aumentou a aportación económica do concello, que foi a máis alta dos últimos cinco anos, reducense días e aumentase o presuposto", incidíu o portavoz popular.
Argimiro Marnotes tampouco entende como "existindo un concelleiro de festexos, as festas patronais foron coordinadas polo encargado do servizo eléctrico, que mentres atendeu a esto deixou de facer o que debería facer, pois foi siñificativa a falta de alumeado nalgunza zonas durante os dias de festa", asegurou.
"E o colmo destas festas, logo de diversos cámbeos na programación ou a ausencia do pregón, co alumeado artístico máis ridículo que se recorda ou un concurso de gando sen veterinarios da Xunta por falta de previsión, a mostra máis grave de descordinación e irresponsabilidade foi o acontecido o dia 18 ás 19:45 horas, cando aínda estaba tocando a banda de música do Carballiño na Praza da Veracruz, con rapaces xogando no cespede e nais paseando con bebés, ao mesmo tempo estabase descargando por parte da pirotécnica toda a pólvora para os fogos artificiais sen ningún tipo de seguridade, sen que se fixese o operativo de seguridade, sen ningunha autoridade, nin Policia local, Garda Civil ou Protección Civil", denunciou o portavoz do grupo municipal popular.
Para o BNG "o mellor destas festas foi a procesión".
Os nacionalistas lamentan "a improvisacíón que quedou de manifesto na organización destas festas, nas que é necesario que haxa participación e implicación de todos os sectores da sociedade carballiñesa, algo que botamos en falta".
O BNG quere unhas festas "máis participativas, e que teñan en conta a idiosincrasia festiva carballiñesa, por exemplo, non pode ser que se despachen os fogos artificiais cunha única sesión de 3.000 euros, cando é unha das actividades máis populares".
"Tamén houbo cousas que me gustaron, como a procesión, que sen dúbida foi o mellor das festas, tanto pola súa organización como pola representación institucional", ironizou o concelleiro Chema Ferreiro.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pp-critica-desorganización-das-festas-e-para-o-bng-o-mellor-foi-procesión
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pp-critica-desorganización-das-festas-e-para-o-bng-o-mellor-foi-procesión
[3] whatsapp://send?text=O PP critica a
[4] http://www.copecarballino.es/print/43959