Desenrolado por coroa.es
O Carballiño contará en pouco tempo cun centro de dia para a atención de persoas maiores, un proxecto que promove a empresa Gesmedical, recentemente adxudicataria do servizo de axuda a domicilio do concello carballiñés.
As instalacións ocuparán unha superficie de 1.500 metros cadrados, nos baixos dun edificio sito na rúa de Ourense, fronte á gasolineira Piteira.
A empresa ten moi avanzado o proxecto para a apertura deste centro de dia no Carballiño, que terá inicialmente 65 prazas dispoñibles para a atención das persoas usuarias, fundamentalmene, persoas maiores.
Dase a circustancia que, no último pleno celebrado pola corporación carballiñesa aprobouse por unanimidade dos grupos políticos unha moción do goberno municipal para instar á Xunta á construcción dun centro de dia no Carballiño de xestión pública, que no caso de concretarse, sumaríase a este outro promovido pola iniciativa privada.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/iniciativa-privada-promove-apertura-dun-centro-de-dia-que-contará-con-65-prazas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/iniciativa-privada-promove-apertura-dun-centro-de-dia-que-contará-con-65-prazas
[3] whatsapp://send?text=A iniciativa privada promove a apertura dun centro de dia, que contará con 65 prazas http://copecarballino.es/novas/iniciativa-privada-promove-apertura-dun-centro-de-dia-que-contará-con-65-prazas
[4] http://www.copecarballino.es/print/43973