Desenrolado por coroa.es
Cando ao cuarto de hora da segunda metade o Arenteiro consigue poñer o 2-0 no marcador de Espiñedo, ninguén podía esperarse que en apenas dous minutos desperdiciase unha vantaxe tan importante e que os verdes acabasen perdendo o partido. Pero asi aconteceu, de nada serviron os dous goles iniciales dos carballiñeses, o segundo de penalti, porque logo o Gondomar daríalle a volta ao marcador. Incomprensible.
Outra primeira parte do boa do Arenteiro, tamén iniciou ben o segundo periodo, pero cando parecía que o partido estaba máis que encarrilado, chegou a fatalidade dos minutos 62 e 64, a fatalidade ou a falta de concentración da retagarda carballiñesa, que permitíu a igualada visitante en dous minutos. Depois, o partido pasou a ser de ida e volta e nesa lotería os do Gondomar fixeron o terceiro gol e con él, levanse os 3 puntos.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Ocampo, Pana, Dafonte, Bardelás, Victor Gallego, Sanginés, Martín Pérez e Marcos Castro. Tamén xogaron Gele, Marc, Vitti e Marcos Sotelo.
Na vindeira xornada -a 14 do campionato-, o domingo 22, o Arenteiro desplázase ao campo de Baltar para enfrontarse ao Portonovo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-desperdicia-unha-vantaxe-de-dous-goles-e-acaba-perdendo-ante-o-gondomar-2-3
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-desperdicia-unha-vantaxe-de-dous-goles-e-acaba-perdendo-ante-o-gondomar-2-3
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro desperdicia unha vantaxe de dous goles e acaba perdendo ante o Gondomar, 2-3. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-desperdicia-unha-vantaxe-de-dous-goles-e-acaba-perdendo-ante-o-gondomar-2-3
[4] http://www.copecarballino.es/print/44000
[5] http://www.copecarballino.es/image/o-primeiro-gol-do-arenteiro-ante-o-gondomar