Desenrolado por coroa.es
Emerxencias 112 e a Confederación Hidrográfica comunicaron esta incidencia aos concellos de Boborás e Leiro, para que tomen as medidas preventinas oportunas e advirtan da mesmas á poboación da zona afectada polo cauce do río Avia. A situación, inicialmente prevista durante unhas seis horas na tarde do venres, pode prolongarse durante a fin de semana, dado que as previsións meteorolóxias apuntan á continuidade das chuvias, incluso fortes, para a fin de semana.
O concello de Boborás procedeu a cortar ao tráfico a estrada local entre Leiro e Pazos de Arenteiro, á altura da Ponte de Pazos. En Leiro, o concello cortou o acceso ao paseo fluvial e a zona da Ponte das Poldras e o parque do Salgueiral.
Dende o centro de control de Gas Natural Fenosa, indicase que o encoro de Albarellos aliviará 400 m3 por segundo, para regular o nivel de auga encorada.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-encoro-de-albarellos-alivia-400-m3-de-auga-por-segundo-como-medida-preventiva
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-encoro-de-albarellos-alivia-400-m3-de-auga-por-segundo-como-medida-preventiva
[3] whatsapp://send?text=O encoro de Albarellos alivia 400 m3 de auga por segundo, como medida preventiva http://copecarballino.es/novas/o-encoro-de-albarellos-alivia-400-m3-de-auga-por-segundo-como-medida-preventiva
[4] http://www.copecarballino.es/print/44031