Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A Comisión Intermunicipal da Auga estuda recorrer o convenio de cooperación coa Deputación

26, Abril 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os integrantes da Comisión Intermunicipal da auga de Punxín, San Amaro e Cenlle, na que figuran os concelleiros e concelleiras do PSdeG-PSOE nestes municipios, asi como membros da Comisión da Auga de Punxín, consideran que o convenio subscrito por estes concellos coa Deputación terá unha repercusión negativa para os intereses municipais e veciñais.

As respectivas corporacións municipais dos 3 concellos veñen de aprobar, co voto en contra dos socialistas, un convenio de cooperación coa Deputación de Ourense para que a entidade provincial se faga cargo da xestión do abastecemento en alta, mediante un sitema de bombeo dende a estación potabilizadora de Razamonde ata un depósito distribuidor construído no monte de San Trocado.

O convenio terá vixencia entre o 1 de Maio e o 31 de Decembro deste ano 2016, despois os 3 concellos deberán proceder á constitución dun consorcio intermunicipal para xestionar este servizo.

Consideran dende este colectivo que os costes que para os concellos ten este convenio son "desproporcionados e abusivos" e que "o convenio obedece a intereses persoais e políticos, e non ao interese xeral".

Non descartan dende esta comisión presentar un recurso contra este acordo dos 3 concellos "en base a que estaría vulnerando o artigo 103 da Constitución Española, cando se afirma que en todo momento a administracción pública debe servir aos intereses xerais", manifestan.

 

 

 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/comision-intermunicipal-da-auga-estuda-recorrer-o-convenio-de-cooperacion-coa-deputacion

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/comision-intermunicipal-da-auga-estuda-recorrer-o-convenio-de-cooperacion-coa-deputacion [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/comision-intermunicipal-da-auga-estuda-recorrer-o-convenio-de-cooperacion-coa-deputacion [3] whatsapp://send?text=A Comisión Intermunicipal da Auga estuda recorrer o convenio de cooperación coa Deputación http://copecarballino.es/novas/comision-intermunicipal-da-auga-estuda-recorrer-o-convenio-de-cooperacion-coa-deputacion [4] http://www.copecarballino.es/print/45895