Desenrolado por coroa.es
Na aldea de Marañís levan a meirande parte do inverno e da primavera sen auga da traída.
Un pozo particular vai mitigando as necesidades dun elemento tan esencial na vida cotiá.
Cada dous por tres teñen que estar chamando ó alcalde para que mande ós traballadores do concello a solucionar os problemas que tén a rede de abastecemento que trae a auga ó pobo.
Hai auga no manatial pero non chega en cantidade suficiente ó pobo para satisfacer as necesidades da veciñanza. Ata hai mes e medio a situación víñase repetindo cada certo tempo sendo a secuencia dos feitos a seguinte: falta de auga na billa, os veciños chaman varias veces ó alcalde porque éste non colle o teléfono, finalmente localízano e dilles que mandará a un traballador municipal para que arranxe o problema.
O traballador vai, fuchica un pouco na rede da traída, o depósito énchese e así ata pasados uns días ó cabo dos cales hai que repetir a mema historia. Pero hai mes e medio o 1º Ralli Mix de Piñor, atravesou o pobo, deixando ós veciños incomunicados durante a fin de semana que durou a proba, ademais de abrir pistas en fincas particulares sen permiso dos donos. Isto provocou escritos de veciños de Marañís, incluso cartas ós medios de comunicación, queixándose da situación. A primeira vez que quedaron sen auga dende que pasara o do Rali Mix o que lles dixo ós veciños foi que a agua non era cousa do concello e que se tiñan que arreglar eles mesmos posto que tamén tiñan tempo para criticar e mandar escritos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/os-vecinos-de-maranis-castigados-sen-auga-da-traida
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/os-vecinos-de-maranis-castigados-sen-auga-da-traida
[3] whatsapp://send?text=Os veciños de Marañís, castigados sen auga da traída http://copecarballino.es/denunciacidada/os-vecinos-de-maranis-castigados-sen-auga-da-traida
[4] http://www.copecarballino.es/print/46025