Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballiño ten programados para este verán arredor de setenta días de eventos festivos, culturáis, deportivos e gastronómicos. Isto supón que ata finais de setembro haberá, de media, unha actividade deste tipo cada día e medio.
Todas as actividades serán abertas ao público e gratuitas, agás dúas que se desenvolverán no auditorio, así como os festivais de cine e teatro galego, que terán prezos moi populares.
“Na programación pensouse en todos os públicos, nenos, mozos e maiores, polo que se pode dicir que O Carballiño ofrecerá unha das máis completas programacións culturáis e de ocio de Galicia, cun gran atractivo turístico”, según dixo hoxe o alcalde, Francisco Fumega, no decurso da rolda de prensa de presentación do programa.
“O obxectivo –dixo Fumega- é ofrecer aos carballiñeses e visitantes moitas alternativas de entretemento, pero tamén promover o turismo e así dinamizar o comercio e a hostalería, que son dous dos sectores con máis emprego da vila”.
No acto o alcalde estivo acompañado polos concelleiros de Cultura e Turismo, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente, que expuxeron a parte do programa correspondente a cada área.
Diego Fernández dixo que, en total, ía haber uns 20 concertos de música pop, rock, jazz, funky, electrónica, bandas populares, corais e doutros tipos de música. Asemade, anunciou unha aposta importante polas Xociviga, que se celebrarán do 25 ao 30 de xullo, e fixo fincapé na novidade da Feira Medieval desta próxima fin de semana e no Entroido de Verán do 16 de xullo.
“Será un mes de xullo moi intenso, co obxectivo de atraer visitantes e procurar que a xente do Carballiño quede na vila”, dixo o concelleiro.
Pola súa parte, Manuel Dacal diu a coñecer a programación dos días precedentes da Festa do Pulpo, onde destacan os eventos gastronómicos adicados ao pulpo, como A Tapa Máis Grande do Mundo, dúas rutas das tapas, e concertos de música de banda, de música pop, de música dos anos 40 e 50, tributos á música soul, aos Vétales e ao mítico grupo sueco ABBA, entre outras actividades.
Dacal agradeceu ás institucións, entidades e marcas comerciais a colaboración con estes eventos, que serán difundidos a través dun tríptico que xa se está editando.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-veran-carballines-ofrece-unha-oferta-na-que-combina-festa-gastronomia-cultura-e-deporte
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-veran-carballines-ofrece-unha-oferta-na-que-combina-festa-gastronomia-cultura-e-deporte
[3] whatsapp://send?text=O verán carballiñés ofrece unha oferta na que combina festa, gastronomia, cultura e deporte http://copecarballino.es/novas/o-veran-carballines-ofrece-unha-oferta-na-que-combina-festa-gastronomia-cultura-e-deporte
[4] http://www.copecarballino.es/print/46119