Desenrolado por coroa.es
Por sexta xornada consecutiva o Arenteiro logrou deixar a súa portería a cero, esta vez no dificil Novo Municipal da Estrada ante un dos galiños da categoria, nun partido serio e sobrio dos verdes que a punto estiveron de regresar cos 3 puntos.
Pouco que destacar da primeira parte, con pouco ritmo e de xogo embarullado por ambas partes, aínda que do Arenteiro foi a mellor ocasión dos primeiros 45 minutos, con Rubén Arce de protagonista, gañando a posición entre dous defensores e encarando ao gardameta local, que salvou ao seu equipo tras rexeitar o disparo do dianteiro verde.
Na segunda metade os dous equipos sairon máis decididos a ir polo partido, o Estradense máis físico e vertical ante un Arenteiro atrevido que non se arrugou en ningún momento, e do Arenteiro volveu ser a ocasión máis clara desta segunda parte, tras unha gran acción persoal de Rubén Arce que entregou un balón de ouro sobre a área local, pero Alberto e Carlos de Dios estorbaronse e fallaron en boca de gol, cando xa o cantaban na grada os afeccionados do Arenteiro.
Ao final, reparto de puntos que deixa ao Arenteiro como líder da Preferente Galicia outra xornada máis.
CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Arbo, Saúl, dafonte (Alberto, m.55), Cuquejo, Bardelás, Rubén Arce (Pol, m.88), Dani Vázquez (Varandela, m.63) e Carlos de Dios (Esteban, m.81).
Agora esta semana, doble cita: o martes dia 1 de Novembro partido de Copa Deputación ante a UD Ourense no Couto ás 18:30 horas. O domingo 12ª xornada de liga ante o CD Moaña en Espiñedo, ás 17 horas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/empate-sen-goles-do-arenteiro-na-sua-visita-ao-estradense
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/empate-sen-goles-do-arenteiro-na-sua-visita-ao-estradense
[3] whatsapp://send?text=Empate sen goles do Arenteiro na súa visita ao Estradense http://copecarballino.es/novas/empate-sen-goles-do-arenteiro-na-sua-visita-ao-estradense
[4] http://www.copecarballino.es/print/46456