Desenrolado por coroa.es
Un solitario gol conseguido no Estadio do Couto de Ourense por Rubèn Duràn no minuto 21 de partido fai que o equipo unionista tome vantaxe na eliminatoria de cuartos de Final da Copa Deputación ante o vixente campión, o Arenteiro.
Manuel Vázquez optou por dar entrada no equipo titular aos menos habituais, e o certo é que os unionistas foron superiores durante toda a primeira parte, na que poideron e deberon incluso obter un resultado moito máis favorable aos seus intereses.
Na segunda parte, os locais acusaron o desgaste físico e replegaronse no terreo de xogo, para esperar á contra a un Arenteiro que non tivo a súa tarde e protagonizou un dos partidos máis grises da tempada. Con este resultado, toca remontada en Espiñedo o vindeiro dia 6 de Decembro.
CD Arenteiro: Pachi, Pol, Maxi, Vilachá, Ivàn Portos, Dafonte, Bardelás, D. Vázquez, Esteban, Varandela e Alberto. Tamén xogaron Saúl, De Dios, Cuquejo e Rubén Arce.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/copa-deputacion-ud-ourense-toma-vantaxe-ante-o-arenteiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/copa-deputacion-ud-ourense-toma-vantaxe-ante-o-arenteiro
[3] whatsapp://send?text=Copa Deputación: A UD Ourense toma vantaxe ante o Arenteiro http://copecarballino.es/novas/copa-deputacion-ud-ourense-toma-vantaxe-ante-o-arenteiro
[4] http://www.copecarballino.es/print/46460