Desenrolado por coroa.es
Será este domingo dia 10 de Setembro dende as seis da tarde, en partido correspondende á cuarta xornada do campionato nacional de liga de 3ª división, grupo 1º.
Carballiñeses e arousanos volven enfrontarse en competición oficial, tras varios anos nos que ambos non coincidian na mesma categoria, pero antes xa o fixeron tanto en Terceira como en Preferente, e incluso na Segunda División B. Regresa, pois, un clásico entre dous equipos históricos do fútbol galego como son Arenteiro e Arousa.
Os verdes chegan a este partido con boa moral tras a victoria do pasado domingo no campo do Céltiga, mentres que o Arousa -malia o seu irregular inicio- figura en todas as quinielas para estar entre os aspirantes aos postos de privilexio da categoria, un auténtico equipazo adestrado por un ex-futbolísta internacional, Xurxo Otero.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/regresa-un-clasico-do-futbol-galego
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/regresa-un-clasico-do-futbol-galego
[3] whatsapp://send?text=Regresa un clásico do fútbol galego http://copecarballino.es/novas/regresa-un-clasico-do-futbol-galego
[4] http://www.copecarballino.es/print/47433