Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Un gol de Rubén Arce válelle ao Arenteiro os 3 puntos ante a SD Negreira

8, Outubro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Tarde de calor veraniego con 30 graos á hora do partido, algo insólito un dia 8 de Outubro, coa afección do Arenteiro fiel ao seu equipo, enchendo o graderío do municipal de Espiñedo, unha vez máis, a mellor entrada da xornada na terceira división.

E 3 puntos moi importantes para seguir sumando e gañando confianza ante un rival que se presume vai estar no grupo dos que pelexarán por manter a categoria, a SD Negreira.

O primeiro tempo foi equilibrado e de escasez futbolística, os verdes reclamaron un penalti sobre Iker Hurtado, probablemente hoxe o mellor xogador do Arenteiro sobre o terreo de xogo.

Pero foi o case  sempre determinante Rubén Arce quen logrou un gol que vale 3 puntos, no minuto 54 de partido.

Na segunda parte o Arenteiro foi mellor que o seu rival, os verdes foron os únicos que crearon ocasións de gol ante a portería contraria.

O próximo domingo chegará a Espiñedo un dos grandes da categoria, o Bergantiños. Antes, o xoves dia 12 -festivo, día do Pilar- o Arenteiro viaxará a Vilalonga.

Podes ver a ficha do partido CD Arenteiro-SD Negreira no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28... [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/un-gol-de-ruben-arce-valelle-ao-arenteiro-os-3-puntos-ante-sd-negreira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-gol-de-ruben-arce-valelle-ao-arenteiro-os-3-puntos-ante-sd-negreira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-gol-de-ruben-arce-valelle-ao-arenteiro-os-3-puntos-ante-sd-negreira [3] whatsapp://send?text=Un gol de Rubén Arce válelle ao Arenteiro os 3 puntos ante a SD Negreira http://copecarballino.es/novas/un-gol-de-ruben-arce-valelle-ao-arenteiro-os-3-puntos-ante-sd-negreira [4] http://www.copecarballino.es/print/47513 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283729