Desenrolado por coroa.es
O alumnado de todos os centros educativos do Carballiño, así como representantes de institucións e asociacións, participarán este venres, 24 de novembro, no acto institucional contra a violencia de xénero que se desenvolverá no salón de sesións do concello ás 12 do mediodía.
Neste acto participarán os centros educativos públicos e concertados, a Escola Infantil Trastes, Bo Día Familia, Cruz Vermella, Aspadisi, Asdifica e asociacións de mulleres. Así mesmo, haberá unha actuación musical a cargo do dúo Canela Cafuné, formado por Marta Bravo e Eric Dopazo.
O acto foi presentado pola concelleira de Benestar Social, Sanidade e Igualdade, Marina Ortega, que diu a coñecer tamén o programa organizado polo seu departamento municipal, en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta e a Unión Europea, para conmemorar esta efeméride que se celebra o 25 de novembro pero que para facilitar a participación dos centros educativos adiántase ao 24 de novembro.
Ademáis deste acto institucional, o luns, 27 de novembro desenvolveranse diversos obradoiros nos institutos Chamoso Lamas e nº 1, e nos colexios Sagrado Corazón e Vila do Arenteiro. Están promovidos pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Fegamp, e levan por título “A violencia de xénero o novo contexto dixital”, a cargo de Pantallas Amigas, destinados ao alumnado de secundaria exposto a situacións de violencia de xénero e centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia de xénero que xurden no contexto dixital.
O martes, 28 de novembro, ás 8 da tarde, no salón de plenos do concello, terá lugar unha charla-coloquio co título “O empoderamento da muller e análise dos efectos da violencia nos menores”, e contará coas ponencias de Francisca Fariñas Rivera, catedrática de Psicología Básica e Psicología Xurídica do Menor da Universidade de Vigo, e Alicia Peralejo Abeleira, Psicóloga e presidenta da Asociación Ceavigal.
Finalmente, o 15 de decembro, ás 13,00 h., reunirase no concello a Mesa de Coordinación para a Mellora da Atención ás Vítimas de Violencia de Xénero.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleira-marina-ortega-presenta-o-programa-de-actos-con-motivo-do-dia-internacional-contra
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/concelleira-marina-ortega-presenta-o-programa-de-actos-con-motivo-do-dia-internacional-contra
[3] whatsapp://send?text=A concelleira Marina Ortega presenta o programa de actos con motivo do
[4] http://www.copecarballino.es/print/47672