Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Desfiles de comparsas, actividades infantís, concursos, gastronomia, charangas e orquestras amenizarán o Entroido e a Festa da Cachucha

26, Xaneiro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Entroido e a Festa da Cachucha contarán este ano con máis grupos de animación de rúa, concursos, desfiles e verbenas. De feito, entre o concello e a hostelería repartiranse preto de 8.000 euros en premios, o que supón un récord nesta festa de inverno.

Ambos eventos foron presentados esta mañá polo alcalde, Francisco Fumega, e os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Por vez primeira, ademáis do concurso de disfraces infantil e do concurso do desfile do Martes de Entroido, haberá un concurso para grupos organizado polo sector hosteleiro, que é una das novedades deste ciclo festivo que comezará o venres 9 de febreiro, e rematará o domingo 18 coa XXIV Festa da Cachucha.

Gastronomía, obradoiros, animación de rúa, desfiles, concursos e verbenas, configuran o extenso programa elaborado polas concellerías de Cultura e Turismo, en colaboración coa hostelería e o Centro Comercial Aberto.

Así, a Ruta das Tapas do venres, 9; a festa e concurso infantil do sábado, 10; as coplas da murga Os Liborianos do domingo, 11; o concurso de disfraces da hostelería do luns, 12; o gran desfile-concurso de comparsas do martes, 13; o enterro da sardiña do mércores, 14; e os desfiles de folións, comparsas e charangas do domingo, 18, son os principais alicientes do Entroido e da Festa da Cachucha que este ano celebra a XXIV edición, e na que van participar uns 23 restaurantes e mesóns, ofrecendo un menú a base de cacheira, codido e postres de entroido.

Francisco Fumega agradeceu o traballo levado a cabo polas concellerías implicadas na elaboración do programa, e a colaboración do sector da hostelería, resaltando a importancia de dinamizar a vila para atraer aos visitantes ofrecendo un programa moi atractivo.

Manuel Dacal e Diego Fernández expuxeron o programa, asegurando que estaba pensado para ofrecer actividades, espectáculo e divertimento tanto para os máis pequenos como para os maiores, e que esperaban que tivesen moita aceptación e resultase atractivo para atraer visitantes.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/desfiles-de-comparsas-actividades-infantis-concursos-gastronomia-charangas-e-orquestras

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/desfiles-de-comparsas-actividades-infantis-concursos-gastronomia-charangas-e-orquestras [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/desfiles-de-comparsas-actividades-infantis-concursos-gastronomia-charangas-e-orquestras [3] whatsapp://send?text=Desfiles de comparsas, actividades infantís, concursos, gastronomia, charangas e orquestras amenizarán o Entroido e a Festa da Cachucha http://copecarballino.es/novas/desfiles-de-comparsas-actividades-infantis-concursos-gastronomia-charangas-e-orquestras [4] http://www.copecarballino.es/print/47949