Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > "Carbaemprega 2018" ofrece formación teórica e práctica a 85 persoas desempregadas

20, Febreiro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O novo plan integrado de emprego “Carbaemprega 2018” botou hoxe a andar con 85 alumnos e alumnas inscritos e un obxectivo de inserción laboral do 40%. A formación centrarase en tres eidos: soldadura, técnicas de restaurante-bar e atención sociosanitaria.

Estes datos foron dados a coñecer esta mañá durante a presentación do plan no salón de plenos do concello, que contou coa asistencia da maioría das persoas inscritas así como do alcalde, Francisco Fumega; a delegada Territorial da Xunta, Marisol Díaz; o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira; o delegado territorial da Consellería de Emprego, Santiago Álvarez; a concelleira do PP e deputada provincial, Teresa Cerdeira; a responsable de Gestmedical, María Ochogavía; o xerente de GRI, Cándido Gómez, e o xerente de DIZMAR, Carlos Rivas.

Francisco Fumega agradeceu a colaboración institucional e empresarial para poñer en marcha esta nova iniciativa dirixida á formación de persoas desempregadas en ramas laboráis con demanda no Carballiño, e o interese amosado por estas persoas para adquirir una formación acorde con estas necesidades do mercado laboral local.

Marisol Díaz tamén agradeceu ao concello e ao sector empresarial a implicación neste plan, do que dixo que había outros seis na provincia, e que o máis importante era que se centraba nas necesidades do tecido industrial do Carballiño e que os alumnos terían una atención personalizada que debían aproveitar para poder incorporarse ao mercado de traballo.

Adolfo Nogueira explicou o camiño seguido para a consecución deste plan, despois do éxito do celebrado o pasado ano cunha inserción laboral do 70%, e que esperaba que este, que conta co dobre de alumnado e orzamento, acadase o mesmo nivel.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/carbaemprega-2018-ofrece-formacion-teorica-e-practica-85-persoas-desempregadas

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/carbaemprega-2018-ofrece-formacion-teorica-e-practica-85-persoas-desempregadas [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/carbaemprega-2018-ofrece-formacion-teorica-e-practica-85-persoas-desempregadas [3] whatsapp://send?text= [4] http://www.copecarballino.es/print/48072