Desenrolado por coroa.es
Os servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Mancomunidade de concellos do Ribeiro levaron a cabo ao longo do ano 2017 traballos de roza en case mil quilómetros dos municipios da Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro.
Estes labores supuxeron, en concreto, un investimento de preto de 30.000 euros e tiveron como finalidade controlar a matogueira para diminuír o risco e a virulencia dos lumes. A Consellería do Medio Rural financia estes labores mediante convenios cos diferentes concellos e administracións locais, que contemplan, ademais da realización das rozas preventivas, as funcións de vixilancia, defensa e extinción durante a tempada de alto risco de incendios.
Estes datos sobre traballos preventivos foron achegados polo presidente da Mancomunidade e alcalde de Leiro, Francisco Fernández, á conselleira Ángeles Vázquez, nunha xuntanza de traballo celebrada en San Caetano.
No encontro, ambos abordaron diferentes cuestións de interese para os veciños desta comarca ribeirán e de xeito particular avanzaron nesa colaboración entre administracións en materia de prevención e loita contra os incendios forestais, que neste caso cualificaron como moi útil e favorable para as partes.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-financia-traballos-para-o-control-da-matogueira-no-ribeiro-en-colaboracion-coa
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/medio-rural-financia-traballos-para-o-control-da-matogueira-no-ribeiro-en-colaboracion-coa
[3] whatsapp://send?text=Medio Rural financia traballos para o control da matogueira no Ribeiro, en colaboración coa Mancomunidade de Concellos http://copecarballino.es/novas/medio-rural-financia-traballos-para-o-control-da-matogueira-no-ribeiro-en-colaboracion-coa
[4] http://www.copecarballino.es/print/48094