Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A Deputación colaborará económicamnte coa canle ictoxenética de troitas autóctonas, reposición da cuberta da Igrexa de Mesego e asentos para o graderío de Espiñedo. O Partido Popular destaca a implicación da entidade provincial co Carballiño

20, Abril 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Son tres actuacións que se incluirán no expediente de modificación orzamentaria da Deputación de Ourense, tan so pendente da  súa aprobación no pleno da entida provincial previsto para o vindeiro dia 27 deste mes de abril.

O río Arenteiro e a Sociedade de Pescadores poderán contar cun novo equipamento, como é unha canle ictoxenética de troitas, un proxecto no que veñen traballando na Sociedade de Pesca Deportiva, e que estaba parado por falta de financiación. Agora recibirá un importante impulso, cunha aportación de 48.000 euros da Deputación de Ourense.

Na parroquia de Mesego, a Igrexa de Santa María sufríu recentemente importantes danos na súa cuberta que amenzan a integridade do patrimonio e mesmo a seguridade das persoas que acuden a ela. A obra ten un coste de 48.000 euros, dos que a Deputación achegará 24.000.

Tamén se incluirá nesta modificación orzamentaría da Deputación unha achega económica ao concello carballiñés por importe de 13.000 euros, para a instalación de asentos no Estadio de Espiñedo, unha actuación que fora comprometida polo presidente Manuel Baltar fai apenas unhos meses atrás na súa a visita a estas instalacións tras a reforma feita nos vestiarios, unha obra que tamén asumira integramente a Deputación Provincial cunha achega económica de 60.000 euros.

Dende o grupo municipal do Partido Popular no concello do Carballiño manifestan que "estas actuacións son unicamente méirto, tanto da Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, como da Asociación de Veciños de Mesego e a directiva de CD Arenteiro, xa que o único que se fixo dende o PP do Carballiño foi trasladar estas inquietudes ao goberno provincial, onde foron perfectamente atendidas".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/deputacion-colaborara-economicamnte-coa-canle-ictoxenetica-de-troitas-autoctonas-reposicion-da

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-colaborara-economicamnte-coa-canle-ictoxenetica-de-troitas-autoctonas-reposicion-da [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-colaborara-economicamnte-coa-canle-ictoxenetica-de-troitas-autoctonas-reposicion-da [3] whatsapp://send?text=A Deputación colaborará económicamnte coa canle ictoxenética de troitas autóctonas, reposición da cuberta da Igrexa de Mesego e asentos para o graderío de Espiñedo. O Partido Popular destaca a implicación da entidade provincial co Carballiño http://copecarballino.es/novas/deputacion-colaborara-economicamnte-coa-canle-ictoxenetica-de-troitas-autoctonas-reposicion-da [4] http://www.copecarballino.es/print/48311