Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > 42 alumnos do colexio da Uceira quedan fora do comedor escolar. Os pais denuncian que non se respetaron os baremos de selección.

20, Xuño 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A demanda do servizo supera á oferta de prazas, que son 336 para o próximo curso 2018-2019 no colexio carballiñés da Uceira, o que deixa fora da lista a un total de 42 solicitantes.

Dende a ANPA "Xornada Digna" do Colexio Calvo Sotelo lamentan que por parte da dirección do centro e o consello escolar  non demandasen a ampliación do número de prazas ante a consellería, sabedores de que se trata dunha problemática que se repite cada ano.

Ademáis, tampouco comparten a interpretación dos baremos que se aplicaron para a selección de beneficiarios "nin xiquera respetaron os baremos que estableceron, perxudicando claramente  a pais e nais traballadores con incompatiblidades horarias".

Algunhos destes pais xa presentaron as súas queixas ante a Consellería de Educación e lamentan que "éste e outros condicionantes estean incidindo negativamente na diminución da matricula que ven afectando ao centro escolar, mentres outros colexios próximos da comarca están aumentado a súa matricula", reflexionan.

Apoio aos pais dende Alternativa Veciñal - En Marea

Esta formación política mostra a súa solidaridade cos pais e nais de alumnos que quedan fora do servizo de comedor escolar, unha situación de "inxustiza, desamparo e impotencia", da que tamén fan responsables aos gobernantes municipais do Carballiño

Para acceder ao comunicado de AV-En Marea, prema no arquivo adxunto:

Arquivo: 
PDF icon comedor_centro_calvo_sotelo.pdf [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/42-alumnos-do-colexio-da-uceira-quedan-fora-do-comedor-escolar-os-pais-denuncian-que-non-se

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/42-alumnos-do-colexio-da-uceira-quedan-fora-do-comedor-escolar-os-pais-denuncian-que-non-se [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/42-alumnos-do-colexio-da-uceira-quedan-fora-do-comedor-escolar-os-pais-denuncian-que-non-se [3] whatsapp://send?text=42 alumnos do colexio da Uceira quedan fora do comedor escolar. Os pais denuncian que non se respetaron os baremos de selección. http://copecarballino.es/novas/42-alumnos-do-colexio-da-uceira-quedan-fora-do-comedor-escolar-os-pais-denuncian-que-non-se [4] http://www.copecarballino.es/print/48514 [5] http://www.copecarballino.es/sites/default/files/comedor_centro_calvo_sotelo.pdf