Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O congreso do C.E. Chamoso Lamas pon de manifesto a necesidade de protexer o patrimonio histórico, sobre todo no rural

29, Setembro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A segunda xornada do X Congreso do C.E. Chamoso Lamas, que se desenvolveu no centro cultural de Melgaço (Portugal) puxo de manifesto a necesidade de protexer e conservar o patrimonio histórico, sobre todo no medio rural.

Esta chamada de atención fíxose durante a exposición dunha ponencia sobre o Conventiño dos Frades, granxa monástica de Aciveiro no Ribeiro.

É unha granxa que perteneceu ao mosteiro de Aciveiro, ao igual que unha bodega de gran interese e cuxas ruinas poden desaparecer para sempre.

A primeira referencia histórica que se ten desta granxa data do ano 1537, e fala dun lugar que estaba «junto a la Granja y del Paraíso».

Segundo Xosé Luis Sobrado, foi a primeira granxa monástica de Galicia, e atópase nunha situación de total abandono.

Xunto a Sobrado interviñeron nesta ponencia Juan José Álvarez, o arqueólogo Jorge Lamas, a historiadora Ana Gordín e o biólogo Diego Prado.

Tamén tivo moito interese o proxecto «Lírica», que se desenvolve no marco do programa Interreg, e que foi presentado pola profesora de Filoloxía da USC, Mariña Arbor, e a investigadora Carmen de Santiago, e que consiste na aplicación práctica da lírica medieval galaico-portuguesa para achegar á sociedade o coñecemento do patrimonio material e inmaterial.

Este proxecto, que estará rematado o próximo verán, permitirá a través de diversas produccións audiovisuais difundir este patrimonio medieval mediante tres rutas abarcando as comarcas do Carballiño e O Ribeiro e o norte de Portugal (Melgaço, Monçao e Fiais). Incluso haberá unha aplicación para poder seguirse polo teléfono móbil. E tamén están previstas a elaboración de guías en papel, videoclips, etc.

Ademáis, nesta xornada falouse das antigas escolas de Boborás, da Torre medieval de Godás e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Na xornada tamén se realizaron varias visitas culturais guiadas ás pesqueiras de Arbo, ás Termas do Peso e ao PN Peneda Gerés.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-congreso-do-ce-chamoso-lamas-pon-de-manifesto-necesidade-de-protexer-o-patrimonio-historico

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-congreso-do-ce-chamoso-lamas-pon-de-manifesto-necesidade-de-protexer-o-patrimonio-historico [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-congreso-do-ce-chamoso-lamas-pon-de-manifesto-necesidade-de-protexer-o-patrimonio-historico [3] whatsapp://send?text=O congreso do C.E. Chamoso Lamas pon de manifesto a necesidade de protexer o patrimonio histórico, sobre todo no rural http://copecarballino.es/novas/o-congreso-do-ce-chamoso-lamas-pon-de-manifesto-necesidade-de-protexer-o-patrimonio-historico [4] http://www.copecarballino.es/print/48900