Desenrolado por coroa.es
Os promotores da Inciativa Popular local manifestan a súa satisfaccion tras constatar que "o documento enviado ao Concello de Maside, tras requerirr en tres ocasións información relativa á promoción dunha iniciativa popular local na que 771 veciños manifestaron a súa vontade de participar nun asunto público, e na que propuxeron a celebración dun Pleno na que se debatese o rexeitamento a unha instalación de incineración de neumáticos nun monte veciñal en man común, e tras facer caso omiso ao envío de información, a Valedora lembra ao alcalde as súas obrigas legais".
Entre elas destaca que "é obrigación de calquera funcionario ou autoridade remitir a información solicitada, e que a non observación desta obriga pode levar aos efectos do artigo 22.1 da Lei do Valedor do Pobo", subliñan.
Así mesmo, desde a Iniciativa Popular Local aseguran que "xa puxeron en coñecemento do Concello de Maside a súa vontade de participar neste debate nos termos da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, e que recentemente solicitaron á Secretaría do Concello a emisión do informe preceptivo de legalidade, seguindo as suxestións expresas do Defensor del Pueblo, Alto Comisionado das Cortes Xerais" pois desde a IPL entenden que "tras case tres anos de non emitirse este informe que é de obrigación ineludible emitir por mandato expreso legal, é momento de vencer os atrancos que obtaculizan o exercicio dun dereito fundamental de 771 persoas".
Aseguran que "fixeron todo o posible para poder exercer libremente un dereito fundamental", polo que acudirán "á acción da xustiza se fose necesario, no caso de que o exercicio dun dereito garantido pola Constitución seguise sendo vulnerado", advirten.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-promotores-da-ilp-advirten-que-exerceran-accion-da-xustiza-ante-negativa-do-concello
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-promotores-da-ilp-advirten-que-exerceran-accion-da-xustiza-ante-negativa-do-concello
[3] whatsapp://send?text=Os promotores da ILP advirten que
[4] http://www.copecarballino.es/print/48962