Desenrolado por coroa.es
Ninguén en Espiñedo, nin xiquera o público visitante, se explican cómo non se pode pitar un penaltí tan claro e ademáis cando o colexiado lucense Iván Abel Bruzos estaba a apenas un par de metros da xogada para ver como o defensor do Céltiga derriba clarísimante a Hugo Sanmartín, inexplicable.
O penalti que non quixo pitar o árbitro chegou no tramo final do partido cando o marcador xa estaba empatado e co Arenteiro envorcado sobre a portería do Céltiga en pos do gol que lle dera unha victoria que finalmente non chegaría.
O Céltiga encoentrouse cun gol cando apenas ían 9 minutos de partido, e pouco máis fixo durante o resto da tarde. Tampouco o Arenteiro estivo acertado durante a primeira parte, de fútbol rácano por ambos bandos.
Na segunda parte o guión do partido foi xa moi distinto, e cun único equipo sobre o terreo de xogo, os verdes acorralaron na súa área ao Céltiga, que unhas veces con fortuna e os postes, outras pola falta de finalización dos dianteiros verdes, e noutra cunha gran intervención do gardameta Marcos Bermúdez, conseguiron sair vivos de Espiñedo e regresar a Illa de Arousa cun punto.
O Arenteiro nesta segunda parte tivo que esperar a que chegase o empate cun autogol de Capi e so lle faltou un pouco de acerto nos últimos minutos para gañar un partido que fixo méritos suficientes para conseguilo.
Espiñedo rexistrou unha entrada practicamente habitual, a pesar do Barsa-Madrid e, sobre todo, o tremendo frio desta tarde, con apenas 5 graos de temperatura ambiente no horario do partido.
Para ver a ficha do partido preme no seguinte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-mais-que-un-empate-ante-o-celtiga-o-arbitro-non-pitou-un-penalti-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-mais-que-un-empate-ante-o-celtiga-o-arbitro-non-pitou-un-penalti-de
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro mereceu máis que un empate ante o Celtiga. O árbitro non pitou un penalti de escándalo sobre Hugo Sanmartín http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-mereceu-mais-que-un-empate-ante-o-celtiga-o-arbitro-non-pitou-un-penalti-de
[4] http://www.copecarballino.es/print/49031
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459527