Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O concello pide á Xunta apoio para a humanización da rúa principal de Boborás

27, Novembro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión coa tenente alcalde do Concello de Boborás, Patricia Torres, á que lle trasladou o seu compromiso de analizar a posiblidade de colaborar no acondicionamento da capitalidade municipal deste concello, o núcleo de Boborás.

A conselleira e a representante municipal mantiveron unha xuntanza na que abordaron diversos asuntos de interese para o municipio, como a mellora da rúa Cristobal Colón, a que é a rúa principal do pobo de Boborás, e na que se ubica a casa do concello, o centro de saúde e a farmacia.

Vázquez Mejuto agradeceu á achega dunha copia da memoria do proxecto redactado polo concello, ao tempo que lle indicou que dará traslado á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, co fin de que avalíe o contido do mesmo, así como o seu posible desenvolvemento.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-concello-pide-xunta-apoio-para-humanizacion-da-rua-principal-de-boboras

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-pide-xunta-apoio-para-humanizacion-da-rua-principal-de-boboras [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-pide-xunta-apoio-para-humanizacion-da-rua-principal-de-boboras [3] whatsapp://send?text=O concello pide á Xunta apoio para a humanización da rúa principal de Boborás http://copecarballino.es/novas/o-concello-pide-xunta-apoio-para-humanizacion-da-rua-principal-de-boboras [4] http://www.copecarballino.es/print/49194