Desenrolado por coroa.es
Empate a dous goles -todos na segunda parte- no Estadio do Couto entre UD Ourense e Arenteiro, nun partido no que os verdes tiveron ata dúas claras ocasións de gol para adiantarse no marcador antes de que o fixera os vermellos por medio do ex-Arenteiro Rubén Arce, en dubidosa posición, pero o gol subíu ao marcador.
Futbol-control do Arrenteiro durante toda a primeira parte sen conceder nin xiquera unha ocasión de perigo aos locais, de feito o Ourense non tirou a portería durante os primeiros 45 minutos, nos que a única ocasión foi para o Arenteiro pero cando Carlos de Dios ía a rematar sobre a portería de Pato un inoportuno charco no maltreito terreo de xogo do Couto freou a pelota e impedíu que o xogador verde poidese culminar con éxito a xogada.
Nada máis comezar a segunda parte Hugo Sanmartín tivo nas súas botas outra vez a oportunidade de adiantar ao Arenteiro, pero o dianteiro non estivo fino.
Despois, no primeiro disparo da tarde entre os 3 paus da portería de Rui chegou o gol de Arce. E despois, a entrada de Mitogo foi determinante, xa que revolucionou o partido cando pior estaba para o Arenteiro. Primeiro, forzando un penalti que él mesmo se encargou de executar pero Pato adiviñou a dirección do balón e conseguiuno rexeitar.
Lonxe de descompoñerse o Arenteiro seguíu con fé no partido, e obtivo premio cun centro medido de Hugo Sanmartín ao segundo pau que Cassio -enorme, o mellor xogador do partido-cabeceou fora do alcance de Pato. Pouco durou a alegría porque aos poucos minutos un desaxuste defensivo dos verdes permitíu a Hugo volver adiantar aos unionistas.
Ata que volveu aparecer Mitogo na área local, enganchaando un potente disparo que se colou por toda a escadra. E daquéla o marcador xa non se movería ata o final dun partido no que todos os futbolistas do Arenteiro fixeron un enorme derroche físico, merecedor dunha mellor recompensa.
Para ver a ficha do partido sigue a seguinte ligazón:
http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45... [5]
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-do-couto-cun-empate-que-sabe-pouco-xa-que-os-verdes-mereceron-mais-mitogo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-do-couto-cun-empate-que-sabe-pouco-xa-que-os-verdes-mereceron-mais-mitogo
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro regresa do Couto cun empate que sabe a pouco, xa que os verdes mereceron máis. Mitogo, que marcou un golazo, fallou un penalti. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-do-couto-cun-empate-que-sabe-pouco-xa-que-os-verdes-mereceron-mais-mitogo
[4] http://www.copecarballino.es/print/49316
[5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=459593