Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A Conselleira de Politica Social visita ás persoas maiores que participan no "Xuntos polo Nadal" na Residencia de Tempo Libre do Carballiño

28, Decembro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Política Social, Fabiola García, afirmou que “todas e todos merecemos desfrutar do Nadal en compañía”. Fíxoo durante unha visita as persoas maiores que desde o pasado domingo 23 e ata o vindeiro 7 de xaneiro atópanse aloxadas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño ao abeiro do programa Xuntos polo Nadal.

Neste sentido, Fabiola García explicou que o obxectivo desta iniciativa, que tamén se está a desenvolver na Residencia de Tempo Libre de Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán, “é garantir que as galegas e galegos de máis idade celebren esta época do ano en compañía”. Ademais, apuntou que esta edición de Xuntos polo Nadal conta con máis participantes ao incrementarse en 20 o número de prazas ofertadas, ata chegar a un total de 260 entre as dúas residencias (130 maiores en cada unha delas). Fabiola García destacou que Xuntos polo Nadal significa convivencia, envellecemento activo e familia.

Así, este programa supón para os maiores unha experiencia que lles axuda a tecer amizades e ocupar o tempo de ocio con distintas actividades de animación sociocultural, como obradoiros de manualidades, baile, ximnasia, excursións ou comidas especiais nas xornadas de Noiteboa, Nadal, Noitevella, Aninovo e Reis.

Xuntos polo Nadal está dirixido a persoas que superan os 60 anos que viven soas nos seus domicilios. Deuse preferencia a aqueles maiores que sufrisen o falecemento do seu cónxuxe máis recentemente, os de máis idade, os que non participasen en edicións anteriores e os que teñan menos ingresos.

De feito, aquelas persoas con ingresos inferiores ao Iprem (537 euros) asisten de forma gratuíta e aquelas que estean por riba desta contía abonan o prezo simbólico de 50 euros, que inclúe a viaxe desde as súas lugares de orixe á residencia e tamén o regreso unha vez finalizada a estancia.

Cómpre indicar que o desenvolvemento do programa conta coa implicación de voluntariado. Un grupo de 15 persoas (6 na residencia do Carballiño e 9 na de Panxón) proporcionan apoio e acompañamento aos maiores, e tamén colaboran nas actividades lúdicas que se realizan.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/conselleira-de-politica-social-visita-persoas-maiores-que-participan-no-xuntos-polo-nadal-na

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleira-de-politica-social-visita-persoas-maiores-que-participan-no-xuntos-polo-nadal-na [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/conselleira-de-politica-social-visita-persoas-maiores-que-participan-no-xuntos-polo-nadal-na [3] whatsapp://send?text=A Conselleira de Politica Social visita ás persoas maiores que participan no [4] http://www.copecarballino.es/print/49450