Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O Carballiño vive a Cabagalta de Reis máis vistosa e concurrida dos últimos anos

5, Xaneiro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Carballiño vivíu na tarde deste sábado 5 de Xaneiro a Cabalgata máis vistosa que se recorda en anos, cun espectáculo de benvida á Melchor, Gaspar e Baltasar, que foi seguido por varios miles de persoas.

Nenos e maiores gozaron dun espectáculo creado para a ocasión, e de forma espefícica para a Torre do Templo da Veracruz, combinando lume, pirotecnía artística e música.

Despois, os reis magos e os seus paxes, entre eles o DJ TIbu, que non deixou de animar durante toda a tarde, protagonizaron a tradicional cabalgata polas rúas máis céntricas do Carballiño, ata achegarse finalmente á casa do concello.

Dende o balcón do consistorio, primeiro o alcalde Francisco Fumega, e logo o rei Melchor, saudaron a todo o numeroso público, que abarrotaba a Praza Maior.

Sen dúbida o bo tempo, e a coincidencia da cabalgata en sábado, contribuiron á afluencia de público, que tamén podía verse no comercio e a hostelería local nesta xornada.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/o-carballino-vive-cabagalta-de-reis-mais-vistosa-e-concurrida-dos-ultimos-anos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-vive-cabagalta-de-reis-mais-vistosa-e-concurrida-dos-ultimos-anos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-carballino-vive-cabagalta-de-reis-mais-vistosa-e-concurrida-dos-ultimos-anos [3] whatsapp://send?text=O Carballiño vive a Cabagalta de Reis máis vistosa e concurrida dos últimos anos http://copecarballino.es/novas/o-carballino-vive-cabagalta-de-reis-mais-vistosa-e-concurrida-dos-ultimos-anos [4] http://www.copecarballino.es/print/49520