Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Fumega en COPE: Admite que Adolfo Nogueira sigue sendo o portavoz do grupo socialista, pero anuncia que revocarálle todas as competencias delegadas

31, Xaneiro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O alcalde Francisco Fumega recoñeceu, no transcurso dunha interveción radiofónica en COPE O Carballiño, que a dia de hoxe Adolfo Nogueira sigue sendo o portavoz do grupo municipal socialista no concello do Carballiño.

Fumega dixo que o cese de Nogueira como portavoz do grupo "é un tema complexo, o ser un grupo político terían que firmar a totalidade dos concelleiros, dende o punto de vista burocrático e adminstrativo sigue sendo o portavoz", admitíu.

Non obstante, o alcalde do Carballiño anunciou nesta mesma entrevista en COPE que revocará as competencias delegadas que ten Adolfo Nogueira como concelleiro de promoción económica, seguridade e persoal. 

Fumega asegurou que está á espera que a secretaría municipal redacte o correspondente decreto.

"Tomarei decisións en breve, faréi un decreto de revocación que está preparando secretaría e asumiréi eu as competencias que ten delegadas", unha decisión que o alcalde do Carballiño xustificou pola "perda de confianza".

O rexedor municipal carballiñés lamentou toda esta situación e negou que siga imposicións da Executiva Provincial, tal como onte manifestaron dende o sector do PSOE que apoia a Adolfo Nogueira "precisamente por non aceptar imposicións estou nesta situación, son un home ético e un home libre" remarcou.

A  interveción do alcalde do Carballiño pode escoitarse íntegra nesta mesma páxina WEB, na sección "PROGRAMA" correspondente a este xoves dia 31 de Xaneiro.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/novas/fumega-en-cope-admite-que-adolfo-nogueira-sigue-sendo-o-portavoz-do-grupo-socialista-pero

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-en-cope-admite-que-adolfo-nogueira-sigue-sendo-o-portavoz-do-grupo-socialista-pero [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-en-cope-admite-que-adolfo-nogueira-sigue-sendo-o-portavoz-do-grupo-socialista-pero [3] whatsapp://send?text=Fumega en COPE: Admite que Adolfo Nogueira sigue sendo o portavoz do grupo socialista, pero anuncia que revocarálle todas as competencias delegadas http://copecarballino.es/novas/fumega-en-cope-admite-que-adolfo-nogueira-sigue-sendo-o-portavoz-do-grupo-socialista-pero [4] http://www.copecarballino.es/print/49695